UNHA PEZA PARA CADA FESTA
ENTROIDO
O Entroido é un recurso interactivo que forma parte do paquete de sete Unidades de Unha peza para cada festa. Esta aplicación está pensada para traballar a materia de música dentro da área de Educación Artística en Primaria, enfocado principalmente para 6º de Primaria; xa que os contidos desenvolvidos son os recollidos para o currículo deste nivel.
As sete conmemoracións/unidades que traballaremos no proxecto Unha peza para cada festa serán:
MAGOSTO
SAMAÍN
NADAL
PAZ
LETRAS GALEGAS
ENTROIDO
SAN XOÁN
Proxecto elaborado por Jessica Miranda Saburido e Ana Miranda Saburido durante unha licenza por formación da Xunta de Galicia no curso 2021/2022.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0