Comezamos!!!
Ola a todas e todos!
Benvidas e benvidos a unha nova viaxe polo mundo da Linguaxe Musical!
Eu son Argen, unha negra moi animada que vai acompañarvos durante este curso, no que descubriremos moitas cousas novas, cantaremos, escoitaremos novas melodías, viaxaremos a lugares remotos como o París de 1840, e seguiremos coñecendo todo sobre a Linguaxe musical.
Imos preparándonos, pero antes repasaremos o que traballamos no curso anterior e comprobaremos canto sabemos.
Estades listos?
Alá imos!