Unha das especialidades do deseño gráfico é a composición de textos e imaxes. As publicacións requiren dunha maquetación previa. Maquetar é compoñer gráficamente as páxinas dunha publicación para distribuír os distintos elementos que van formar parte delas e dar formato ás imaxes e ás diferentes tipografías.
No século XV Johannes Gutenberg inventa a imprenta que facilitou a difusión do coñecemento e dos medios de comunicación social ao longo da historia.
A principios do século XX a foto-compoñedora foi a técnica que supuxo unha revolución ao permitir imprimir unha imaxe coas mesmas cores que a orixinal por medio de procedementos fotográficos.
A cuatricromía para imprimir en cor está composta por catro pranchas ou películas das cores negra, amarela, azul cian e maxenta. Coas necesidades dunha maior rapidez de impresión e do abaratamento dos custos apareceu unha máquina que dispoñía dun cilindro xiratorio e na actualidade, a impresión de libros realízase con máquinas deste tipo.
O Tio Marcos d'A Portela foi unha publicación redactada por enteiro en galego en formato xornalístico e distribuída principalmente nas feiras a partir de 1876.
Placa conmemorativa "O Tio Marcos d'a Portela", o primeiro xornal en lingua galega. Ourense. P.Lameiro, CC BY-SA 4.0
As publicacións periódicas xeralmente teñen unha periodicidade fixa e están editadas en fascículos ou en diarios con temáticas actualizadas diversas ou especializadas. Son publicación periódicas os xornais, as revistas de información ou entretemento, as revistas científicas e os boletíns ou newsletter.
Actualmente a maquetación está ao alcance de todos e é grazas aos programas de código aberto e aos programas de maquetación on line sinxelos e intuitivos. Editamos libros e revistas a partir de deseños e formatos preestablecidos para engadir textos, imaxes e ilustracións. O programa máis coñecido e profesional é Adobe inDesing que ofrece unha versión de proba de balde para 7 días en sistemas operativos MacOs ou Windows, pero temos á nosa disposición outros programas gratuitos.
A maquetación ata agora estaba reservada só aos profesionais. Na actualidade temos ao alcance de todos programas e aplicacións para maquetar libros, folletos, tarxetas e carteis, ademais de produtos dixitais como boletíns e revistas online, hai modelos con deseños preestablecidos cos que engadir diferentes elementos que axudan a compoñer facilmente unha páxina, como son imaxes, textos, iconas, fotografías e ilustracións libres de dereitos de autor.
Scribus é un potente programa de maquetación gráfica de código aberto gratis e unha multiplataforma coa que producir publicacións de nivel comercial cos principais sistemas operativos. O programa fai accesible aos principiantes á maquetación gráfica, sen limitar as funcións máis profesionais como por exemplo a xestión das cores para a impresión (cores pantone incluídos) e a cuadrícula tipográfica. A ferramenta permite crear novas matrices que soportan capas, imaxes vectoriais e guías e cuadrículas intelixentes para engadir a imaxe e aliñar facilmente os distintos elementos e as páxinas mestras. Para explorar as posibilidades deste software de maquetación descarga o ficheiro pdf do manual desde a ligazón do CAFI.


Tiras cómicas de Barreiro e Smith en secundaria.

Tiras cómicas de alumnado de secundaria