A cor engade información, achéganos con máis certeza á verdadeira natureza dos obxectos e ademais ten tamén unha dimensión estética.
Máis aló desta experiencia sensorial, a cor posúe valores simbólicos, significados admitidos que amplían e modifican o significado dunha imaxe. O estudo da cor e a luz na ESO é tanto instrumental como expresivo e é capaz de facer conseguir ao alumno gratas experiencias artísticas.
Por mor da importancia analítica e expresiva xustifícase o numero de horas adicadas a esta unidade didáctica e que o traballo sobre a mesma desenvólvase durante os tres cursos da ESO en Galicia: 1º, 3º e 4º.
No primeiro curso iniciásese o seu coñecemento práctico e a súa importancia perceptiva.
No terceiro curso acheganse apuntamentos sobre a física da cor.
Finalmente en cuarto curso incidimos nos seus aspectos psicolóxicos e no seu uso artístico na historia da Arte. Estudamos a cor nas técnicas e na arte moderna.
É tal a importancia que ten para o adolescente, a cor, que a súa ausencia é entendida como un acto de intención significativa. Os mozos identifican as imaxes con gradación tonal en branco e negro co pasado.
Marco legal:
Referencias ao RD 1631/07 e ao RD 1105/2014, de 26 de decembro do currículo básico da Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato.