Saltar la navegación

Signos de texto

Son textos que se poñen ao longo da partitura, normalmente no final, e que indican que é o que temos que tocar.

O máis utilizado son as letras D.C. que son as abreviaturas dos termos italianos DA CAPO que significa "dende o principio".

Podémolas encontrar de diferentes maneiras, sendo as máis utilizadas:

D.C. al Fine. Estará escrito ao final, e quere dicir que haberá que facer a partitura dende o principio ata onde esté o termo FINE.

Tamén nos atopamos: 

D.S. al Fine. É unha variante do Da Capo. Son as abreviaturas de "Del Segno al Fine". Quere dicir que haberá que repetir dende o símbolo ata onde estea o Fine.