Toca explicar algo fundamental na Música: o ritmo.
O ritmo defínese como a ordenación temporal da música. E xunto coa melodía e harmonía forman parte da estrutura básica da mesma.
Na linguaxe musical, o tempo organízase en pulsacións regulares e recorrentes; na maior parte da música culta occidental a pulsación recibe unha acentuación periódica cada dous ou tres pulsos.
Ritmo binario: acento cada dous pulsos. Tempo forte e débil.
Ritmo ternario: acento cada tres pulsos. Tempo forte, tempo débil tempo débil.
Ritmo cuaternario: acento cada 4 pulsos. Tempo forte, débil, forte, débil.