Saltar la navegación

Unidade 1: A Altura do son

A altura é unha das calidades do son que permite distinguir entre sons graves e agudos. 

niña preguntandoE de que depende a altura? Pois do número de vibracións por segundo,  chamada frecuencia. Mídese en herzios (hz).

ondas

Canto maior é a frecuencia (a onda vibra moitas veces por segundo) máis agudo vai ser o son. 

E ao revés, a menor frecuencia,  máis grave é o son (as vibracións son lentas).  

Mirade un exemplo feito co programa audacity, onde se ve a lonxitude de onda destes dous sons:

son frauta Son da frauta, son agudo.

 son grave Son do piano, son grave.

 Exemplo de como se vería unha canción co programa audacity de gravación e edición de música, dúas pistas onde se mesturan varias ondas.

ondas

Se queredes traballar co audacity, hai varias unidades no repositorio abalar con contidos teóricos e prácticos para traballar co programa.

É moi recomendable!!