1. Un camión móvese a velocidade constante de 90 km/h por unha autopista recta.
a) Que distancia percorre en 2 horas?
b) Que distancia percorre por segundo?
c) Canto tardará en percorrer 10 km?
2. A velocidade da luz no vacío é c = 300000 km/s. A luz do Sol tarda en chegar á Terra 8 minutos e 19 segundos. Calcular a distancia entre o Sol e a Terra.
3. Debuxar a gráfica do espacio percorrido en función do tempo e a gráfica da velocidade en función do tempo do movemento rectilíneo uniforme dunha aeronave que voa a 1200 km/h.
4. As seguintes táboas recollen os tempos e as distancias percorridas por dous ciclistas que parten no mesmo instante dende a mesma orixe e no mesmo sentido en liña recta.
Ciclista 1
TEMPO, t |
10 min |
30 min |
60 min |
120 min |
DISTANCIA, x |
3 km |
9 km |
18 km |
36 km |
Ciclista 2
TEMPO, t |
10 min |
30 min |
60 min |
120 min |
DISTANCIA,x |
0,78 km |
342 km |
10,08 km |
33,12 km |
Debuxar as gráficas que corresponden ós datos para responder ás seguintes preguntas:
a) As velocidades son constantes ou os movementos son acelerados?
b) Calcular a velocidade media de cada ciclista.
c) Que ciclista terá percorrido unha distancia maior transcorridas 3 horas dende o instante da saída?
5. No mesmo instante, unha motocicleta sae da cidade A e outra da cidade B, coa intención de atoparse no camiño recto de 60 km que une ambas cidades. Sabendo que as velocidades das motocicletas son 70 km/h e 55 km/h, calcular canto tardarán en atoparse.