Saltar navegación

Josefina Ling

JOSEFINA LING

Josefina F. Ling é doctora en matemáticas pola universidade de Santiago de Compostela (USC). Profesora titular e acreditada a catedrática na área de Astronomía e Astrofísica do departamento de Matemática Aplicada. Do ano 2009 ó 2017 pertenceu ó equipo de goberno  da Facultade de Matemáticas como secretaria. Astrónoma do observatorio astronómico Ramón María Aller. En todas as institucións da USC realiza labores de docencia, investigación, xestión, e divulgación científica. Especializada en Sistemas Estelares dobres e Múltiples, é membro da comisión G1 da Unión astronómica Internacional e asesora científica da Sociedade astronómica de Francia, da que recibiu o premio Edmond Girad no ano 2014. É comisaria da exposición con A de astrónomas que visibiliza o papel da muller na Astronomía.

Agencia SINC