Skip navigation

Estrelas

Objectives

Nesta actividade pretendemos:

  1. Aprender que son as estrelas e os seus tipos.
  2. Entender a evolución dunha estrela como o Sol
  3. Saber calcular volumes dalgúns corpos xeométricos.
  4. Saber empregar a notación científica.
  5. Coñecer o proceso de fusión nuclear.
  6. Coñecer a principal aportación da astrónoma Henrietta Swan Leavitt.
  7. Realizar unha observación astronómica sinxela.
  8. Coñecer as unidades máis comúns para medir distancias estelares.

AS ESTRELAS

As estrelas son astros que emiten radiacións e calor. Hai miles de millóns delas en cada galaxia. Orixináronse en nebulosas de gas hidróxeno. As zonas máis densas da nebulosa sufriron un colapso gravitatorio e comezou a reacción de fusión entre os átomos. Existen moitos tipos de estrelas segundo o seu tamaño, luminosidade, temperatura e fase da súa evolución na que se atopan. A nosa estrela no Sistema solar é o Sol.

Activity

TIPOS DE ESTRELAS

Hai un diagrama chamado de Hertzsprung-Russell no que se clasifican as estrelas segundo luminosidade e temperatura.

Fonte : Wikimedia commons CC BY

As estrelas da secuencia principal son as que se manteñen a meirande parte da súa vida fusionando hidróxeno.

Podemos clasificalas como:

  • Enanas vermellas(Tipo M): é un tipo de estrela moi común, pequena e fría con temperatura superficial menor de 3500 ºC. Próxima centauri é un exemplo delas.
  • Enanas laranxas(K): son máis pequenas que o Sol, menos luminosas e menos masivas. Un exemplo é alpha-centauri B.
  • Enanas amarelas (G): como o Sol. O 10% das estrelas da galaxia son enasas amarelas. Viven máis de 10000 anos.
  • Estrelas brancas (F y A). entre 2 e 3,6 veces máis grandes co Sol e unha masa entre 1,5 e 3 veces maior. Tamén son máis brillantes. Sirio A é unha delas.
  • Estrelas azuis: 5 a 19 veces máis grandes co Sol. Moito máis luminosas e quentes e 60 veces máis masivas. Por exemplo Rigel.
  • Dentro desta clasificación tamén pode haber estrelas xigantes e superxigantes.
  • Estrellas débiles: 
  • Enanas marróns: non poden manter a fusión nuclear e non son moi luminosas. Emiten calor.
  • Enanas brancas: estrelas pequenas de carbono.
  • Estrela de neutróns: compóñense de neutróns, son o resto da explosión dunha supernova, estrela que chegou ó fin das reaccións de fusión, ó elemento ferro. A súa densidade é elevadísima.
  • Se queredes saber máis podedes consultar www.red-estelar.webcindario.com

Cloze Activity

Lee o párrafo embaixo e enche os ocos:

Un exemplo de enana laranxa é O Sol é un tipo de As están compostas de carbono principalmente Unha supernova pode producir unha As estrelas máis enerxéticas son as As estrelas menos luminosas chámanse

Enable JavaScript

A EVOLUCIÓN DO SOL

Cando o Sol consuma o hidróxeno comezará a fusionar helio para dar carbono e aumentará de volume ata converterse nunha xigante vermella. Non se sabe con certeza se neste punto vai absorber a Terra. Ó rematar de fusionar o helio voltará a expansionarse expulsando as súas capas máis externas e se converterá nunha enana branca.

Estrelas máis masivas co Sol convértense en superxigantes vermellas. Ó rematar as reaccións de fusión co elmento Ferro, estoupan. Neste intre chámanse supernovas e producen ou ben unha estrela de neutróns ou un buraco negro dependendo da masa da estrela de partida.

English Wikipedia en Image:Sun Life.png CC BY SA

Scrambled List

Ordea as etapas na vida dunha estrela

  • Nebulosa de hidróxeno
  • Enana amarela
  • Xigante vermella
  • Enana branca

Check

Right!

Sorry... The right answer is:

 Astrónomas famosas. Henrietta Swan Leavitt

"E o que descubriu foron unhas estrelas que cumprían unha estrana propiedade: canto máis brillante era a estrela, máis longo era o periodo co que a luz oscilaba. De feito, o brillo era directamente proporcional ó periodo de variación: se unha estrela brillaba o dobre ca outra, tamén a súa luz oscilaba cun periodo que era o dobre da outra. Tratábase dun descubrimento espectacular, xa que podía proporcionar un método para medir directamente a distancia ás estrelas máis lonxanas".

Extracto de "Las mujeres de la Luna" de Daniel Roberto Altschuler y Fernando J. Ballesteros.

Preguntas de indagación:

  1. Investiga a biografía de Henrietta Swan.
  2. Que significa a magnitude periodo? En que unidades se mide no S.I?
  3. Investiga na rede que son as estrelas variables.
  4. Que significa que unha magnitude é directamente proporcional a outra?
  5. En que unidades se soen medir as distancias estelares

Foto: Wikimedia commons CC BY

Famous astronomers. Henrietta Swan Leavitt.

"What she discovered were some stars with a strange property: the bigger the brightness of the star, the longer the period of light oscillation. In fact, the brightness was directly proportional to the variation period. If a star shined double than other, also its light had double oscillation period. It was a groundbreaking discovery because with it a new method to measure the distance to the farthest stars could be developed"

Excerpt from " Women in the moon", by D:R: Altschuler and Fernando J. Ballesteros.

Research questions:

  1. Search about Henrietta Swan Leavitt.
  2. What is the meaning of  the magnitude period? What are their units in the I.S.?
  3. Search the web about variable stars.
  4. What is the meaning of a magnitude being directly proportional?
  5. What are the units most commonly used to measure the distance to the stars?

Activity

PRÁCTICA CASEIRA

Observación da constelación de Orión

Esta constelación pódese localizar doadamente en inverno a simple vista. A súa forma asóciase ó arqueiro mitolóxico chamado Orión. Cuns prismáticos de 10x50 podemos observar estrelas moi interesantes:

No pé esquerdo do arqueiro temos a estrela Rigel, a máis brillante da constelación. Trátase dun sistema estelar triple cuia componente principal é unha superxigante branco-azulada con 18 masas solares.

No ombreiro dereito localízase Betelgeuse, unha superxigante vermella de gran tamano cun diámetro 887 veces máis grande co  Sol. Pronto vai estoupar como supernova (tanto pode ser agora coma dentro de mil anos).

No cinturón de Orión temos tres estrelas distantes (entre 700 e 1350 anos luz). As tres son novas e luminosas. Alnilam é unha superxigante, Alnitak é un sistema triple cunha superxigante azul e Mintaka é un sistema de dous binarias cuia máis brillante é unha xigante luminosa azul.

Baixo ó cinturón, ó sur, destaca a Nebulosa de Orión, a 1270 anos luz da Terra.

Foto: pixabay

True-False Question

Question 1

1. The nearest star to our Solar System is Alpha Centauri.

Question 2

2. Nuclear fusion consists on the breaking of heavy atoms like uranium.

Question 3

3. A supernova is a star that explodes.

Question 4

4. Betelgeuse is a blue star in Orion.

Question 5

5. Cone volume can be calculated multiplying its base by its height.

Question 6

6. A year light is the distance travelled by light in a year..

Question 7

7. Rigel is a giant blue star in Orion.

Activity

CUESTIÓNS SOBRE A PRÁCTICA

  1. Busca en Google a masa do Sol. Cal é a masa de Rigel en Orión? Exprésao en notación científica. Solución: 3,56·1031
  2. Procura en Google o diámetro do Sol. Cal é o diámetro de Betelgeuse? Solución: 1,23·109 km
  3. A cantos km equivale un ano luz? Exprésao en notación científica.Solución: 9,46·1012 km
  4. A cantos km se atopa a nebulosa de Orión?Solución: 1,2·1016 km