Saltar navegación

Funcións elementais

QUE IMOS APRENDER?

As funcións son un dos conceptos máis útiles das matemáticas, empregados mesmo aos niveis de coñecemento máis avanzados. É importante manexar ben as funcións elementais e as súas propiedades porque nos permitirán comprender situacións reais que se poden representar coas funcións.

OBXECTIVOS

1. Identificar relacións cuantitativas nunha situación.

2. Manexar certos tipos de funcións elementais.

3. Aproximar e interpretar a taxa de variación media.