Compón a túa propia partitura.
Emprega unha folla de papel pautado da túa libreta ou imprime este pentagrama e compón a túa propia canción.
Utiliza as notas que coñeces ata agora e emprega figuras de negra e parellas de corcheas.
Podes ir probando coa frauta ou colocalas ao chou, pero ten en conta que as figuras deben sumar catro tempos en cada compás.
Non a fagas moi larga. Escribe oito compases.
Non fagas grandes saltos (intervalos) entre notas, utiliza notas cercanas.
Remata a túa melodía cunha nota Do e figura de negra.
Por último ponlle un título e trata de tocala coa frauta.
Escoitade as melodías dos compañeiros. Cal é a máis interesante?
