Reto 1.

Imos a aprender a articular melodías rápidas, para este exercicio empregaremos a sílaba "ta".

Articulación simple.

1. Pronuncia en voz alta s sílaba "ta"

2. Pronuncia a sílaba "ta" moitas veces seguidas, o máis rápido que poidas sen te trabucar. 

Como podes apreciar, ainda que é un exercicio sinxelo, non podemos pronunciar a sílaba a moita velocidade sen trabarnos a lingua, polo que tampouco poderemos tocar melodías rápidas sen trabucar a nosa articulación.

3. Pronuncia agora a sílaba por parellas acentuando a primeira de cada dúas: "táta-táta-táta..."

4. Proba agora a acentuar a primeira de cada tres: "tátata-tátata-tátata..." ou a primeira de cada catro: "tátatata-tátatata-tátatata..."

REFLEXIONA: De que xeito puideches articular máis rápido a sílaba "ta"?

Articulación dobre.

1. Pronuncia en voz alta a sílaba "ca".

2. Pronuncia a sílaba "ca" moitas veces seguidas, o máis rápido que poidas sen te trabucar.

REFLEXIONA: podes articular máis rápido a sílaba "ta" ou "ca"?

3. Pronuncia agora as dúas silabas seguidas por parellas acentuando a primeira de cada dúas: "táca-táca-táca-táca..."

REFLEXIONA: De que xeito puideches articular máis rápido?

A articulación dobre se emprega na frauta para interpretar frases picadas moi rápidas, tratando de articular a sílaba "ca" coa glote pero co resultado máis parecido posible á sílaba "ta"