"Mary have a little lamb" (María tiña un cordeiriño)
Esta canción infantil popular estadounidense foi composta sobre os versos dun poema de Sarah Josepha Hale, editado por vez primeira en 1830.
O seu texto posiblemente está inspirado en feitos ocurridos na realidade, cando a pequena Mary Sawyer levou un cordeiro á escola .
Se queres saber máis sobre esta historia pica nesta ligazón:
Curiosamente, Thomas A. Edison en 1877 recitou este poema na primeira grabación de audio da historia que se realizou satisfactoriamente. Hoxe en día non se conserva esta grabación, xa que o soporte estaba feito de cera.
No seguinte audio podes escoitar unha grabación de 1927 onde o propio Thomas Edison reproduce, co mesmo fonógrafo de 1877, a grabación orixinal.
Primeira grabación de audio na historia.
. Mary have a little lamb (Dominio público)