0%

Xeografía Galega

Proxecto para traballar a xeografía de Galicia.

Arrastra as etiquetas aos lugares correspondentes nos mapas

0%

  1 Xeografía de Galicia.  


A xeografía de Galicia caracterízase polo contraste entre os relevos costeiro, de baixa altitude, e o do interior, dunha maior altitude.

Tamén contrasta a morfoloxía entre as chairas elevadas setentrionais e as serras e depresións meridionais.

 
 
As rías
Xeograficamente, unha das peculiaridades de Galicia é a presenza das rías, indentacións na costa nas que o mar anegou vales fluviais por descenso do nivel terrestre (ascenso relativo do nivel mariño).

As rías están tradicionalmente divididas en Rías Altas e Rías Baixas, segundo a súa posición respecto a Fisterra como punto máis occidental de Galiza.
 

Ría de Vigo

 

 
As IllasA Galicia pertencen o arquipélago das Illas Cíes, o arquipélago de Ons, o arquipélago de Sálvora), así como outras illas como Cortegada, Arousa, as illas Sisargas ou as Malveiras; a meirande parte das cales pertencen ao Parque nacional das Illas Atlánticas
 
 

Illas Cíes

 

 
Relevo.Os montes de Galicia son uns dos lugares máis referenciais do noso país, dado que o relevo galego e moi accidentado e case todos os concellos posúen un outeiro, unha peneda, ou unha montaña emblemáticos.

Na tradición oral de lendas e historias os montes galegos teñen grande importancia, así coma os ríos e os animais, o que demostra o respecto e admiración que os nosos antergos sentían pola natureza.
 

Pico de Cabeza de Manzaneda.

 

 
Hidrografía.Galicia cualifícase moitas veces como a terra dos mil ríos pola cantidade de cursos fluviais que mantén.

Son ríos moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros.

Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica, debido ó caudal, pendente e angostura, o que produce tamén o fenómeno dos canóns, como os célebres canóns do Sil
 
 
 

Cañóns do Sil

 


0%

  2 Mapas mudos.  




0%

  3 Rías.  


Arrastra os nomes ao seu lugar.

 


0%

  4 Cabos e illas.  


Arrastra os nomes ao seu lugar.

 


0%

  5 Hidrografía Galega.   


Arrastra os ríos ao seu lugar correspondente.

 


0%

  6 Relevo.   


Arrastra os nomes ao seu lugar correspondente.

 


Créditos


Mapas obtidos do Visualizador de Mapas da Xunta de Galicia

Proxecto creado por asesores abalar.