Saltar navegación

INTRODUCIÓN

Ao pouco de comezar a camiñar, o ser humano decatouse de que podía realizar dun xeito máis sinxelo  as tarefas utilizando máquinas simples. Esas primeiras máquinas foron evolucionando e facéndose máis complexas ata desenvolver as máquinas que disfrutamos no século XXI. Por iso é importante coñecer como se constrúen as máquinas, e cales son os principais compoñentes e elementos que as accionan.

Experimentando coas máquinas
Pilar Barros e Susana Camiña. Experimentando coas máquinas (CC BY-SA)


Anímate a navegar por este recurso e a facer os experimentos que che propoñemos. Fíxate no menú que aparece á esquerda da pantalla e vai avanzando por el a través das frechas que figuran á dereita.

Obxectivos

A través deste recurso vas poder acadar os seguintes obxectivos:

  • Coñecer as principais máquinas simples e os elementos que as compoñen.
  • Comprender como se constrúen as máquinas compostas e os principais compoñentes mecánicos.
  • Identificar unha engrenaxe e as composicións que se poden facer a partir desta.
  • Aproximarse á figura de Leonardo da Vinci.
  • Practicar a navegación a través dun recurso dixital e por enlaces na rede.
  • Comprobar o nivel de aprendizaxe por medio dunha autoavaliación.