Skip navigation

Información sobre a unidade

 

Esta unidade forma parte dun proxecto chamado Across the Pond: Culture and Traditions in the UK, the USA, Ireland and Canada (Alén do Charco: Cultura e Tradición no Reino Unido, os Estados Unidos, Irlanda e Canadá). As 20 unidades que configuran o proxecto foron deseñadas para fomentar o desenvolvemento da competencia lingüística comunicativa a través da análise de temas culturais pertencentes ao mundo de fala inglesa e están dirixidas a alumnos que cursen o cuarto curso da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou a quen teña un nivel de inglés entre A2 e B1 (Marco Común Europeo de Referencia para a aprendizaxe das linguas).

 Nesta sección, pódense descargar os seguintes documentos:

1. Manual do usuario: contén instrucións para que os alumnos poidan manexarse dentro da unidade.

2. Listaxe de unidades: relación numerada de todas as actividades do proxecto.

3. Guía Didáctica: información acerca de aspectos currriculares das unidades como obxectivos, metodoloxía, avaliación, etc.

PAUL ROBERTO HERRON CAMPOS

JOSÉ ANTONIO CARTELLE CUDILLEIRO

Licenzas por formación para o curso 2017-2018