Páxina multimedia: GALERIA DE IMAXES
Páxina na que aparecen unha serie de imaxes en miniatura que poderás ampliar e mesmo mostrar un texto explicativo sobre cada unha delas, así como usar un sistema de navegación para ir alternando entre a imaxe anterior ou a seguinte, etc.
Cando situamos o punteiro do rato enriba dunha delas, aparece unha breve descrición desta, como se aprecia na imaxe.
.jpg)
|
Facendo clic nunha das miniaturas, expandirase a fotografía, e terás acceso a unha serie de funcións. Na parte superior dereita temos os botóns para pechar a imaxe ampliada e volver á páxina de miniaturas, avanzar á seguinte imaxe ampliada ou retroceder á anterior. Na parte dereita central temos un botón para mostrar a imaxe a pantalla completa. Na parte inferior dereita temos unha frecha que desprega un texto na base da imaxe mostrando comentarios sobre a mesma, curiosidades, etc. Pulsando outra vez na frecha ocultaremos o texto. |
![]() |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0
