Saltar navegación

IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

Actividade

sabias que

Todas as persoas teñen as mesmas posibilidades de acceder ao benestar social e posúen os mesmos dereitos políticos e civís?

En España, por exemplo, as mulleres ingresan case un 20% menos que un home por levar a cabo o mesmo traballo?

En Galicia o 40,4% das mulleres entre 25 e 64 anos teñen un título de educación superior, 10 puntos máis que os homes da mesma idade. Máis do 60% da poboación parada cun título superior son mulleres ?

(Fonte: INE. Enquisa poboación activa, ano 2014)

  • Observa as diferenzas nas escollas entre homes e mulleres no ámbito do lecer (xogo, deporte,....):
  • A que dedican o tempo de recreo os teus compañeiros? E as túas compañeiras? Observa as diferencias.
  • E no ámbito familiar, que actividades de lecer desenvolven os distintos membros?
  • Cales cres que son as causas que determinan estas escollas?