ORIENTACIÓNS DIDÁCTICAS E TÉCNICAS

Actividad curriculum aspectos
Actividad estrutura
Actividad requisitos técnicos
Actividad manual de uso WEB
Actividad guía de xogos

INTRODUCCIÓN

MEDRAMOS EN IGUALDADE DE XÉNERO é unha proposta didáctica que trata de dar resposta ás necesidades da escola actual pivotando en dúas grandes preocupacións: por un lado as necesidades de alfabetización dixital do presente século unidas ao feito de que os estudantes presentes nas aulas, sen caer no temido termo de nativos dixitais, son ineludiblemente residentes dixitais, non se conectan á rede senón que viven conectados o que provoca que vivan na escola unha sorte de disonancia cognitiva ao vérense privados desa conectividade e da súa cotiá interacción cos medios.

E por outra banda, a lacra social da violencia de xénero que en lugar de amainar arrecia, e nos fai asistir impasibles a un goteo constante de vítimas de violencia machista. Constatando que as actitudes, concepcións e roles cambian moi lentamente e que ideoloxías machistas están arraigadas nos adolescentes, polo que parece fundamental que a educación emocional e en valores debe formar parte do noso sistema educativo.

É por isto que MEDRAMOS EN IGUALDADE DE XÉNERO busca concienciar aos estudantes e dotalos de ferramentas que lles permitan actuar dun xeito crítico ante as situación de desigualdade que perciban na súa contorna, asumindo a diversidade de xénero e a orientación sexual como algo natural e integrándoo nas súas relacións sociais e de parella, eliminando a discriminación e as exclusións de calquera natureza.

Ao tempo que busca favorecer o traballo na aula da competencia dixital e capacitar no aprender a aprender, mediando sempre o traballo colaborativo e buscando abrir as portas da aula para compartir o coñecemento adquirido a través da colaboración de toda a comunidade educativa.