TAREFA 3 CUALIFICAMOS E CLASIFICAMOS AS NOSAS PAISAXES.
ACTIVIDADE 3.2 Clasificación dos tipos de paisaxe.

O traballo

Chegados a este punto do noso traballo, xa sabemos que toda paisaxe está composta por diferentes elementos de orixe diversa. Uns, son froito das dinámicas da natureza e polo tanto, a súa evolución prodúcese nunha escala de tempo moi superior á nosa. Estamos a falar, en especial, das formas do relevo. Mentres que existen outros elementos que son construídos polo ser humano para satisfacer as súas necesidades de vivenda, facilitar o movemento polo territorio e para explotar os recursos naturais para satisfacer as súas múltiples necesidades.

A dominancia duns elementos respecto doutros é a primeira chave para poder comezar a clasificar as paisaxes galegas. Así, en Galicia existen paisaxes nas que dominan as formas resultantes de dinámicas naturais e outras -a inmensa maioría- que son froito da evolución económica e socio-cultural do noso pobo ao longo da súa historia.

Imos intentar nesta derradeira tarefa dedicada á cualificación das paisaxes poñerlle nome, é dicir, clasificalas segundo unha tipoloxía que presentamos de seguido e que é obra dun equipo de investigadores galegos.

Na nosa área de estudo é posible recoñecer pequenos recunchos de “litopaisaxes”, “agropaisaxes”, “hidropaisaxes”....Imos procurar localizalos e cartografalos.

Axúdate para resolver esta tarefa da táboa clasificatoria.

Axuda

Lembra que a delimitación espacial destes tipos de paisaxes farémola empregando a ferramenta “polígono” do xeovisor

Recursos

Para saber máis

Consulta o seguinte artigo para coñecer máis sobre a tipoloxía de paisaxes en Galicia.

Continuar