Nesta segunda saída preparatoria (profesorado/alumnado) coa axuda da nosa “App paisaxes” comprobaremos o inventario de elementos realizados nas tarefas previas, co obxecto de documentalos graficamente -fotos ou vídeos- e, se é o caso, poder corrixir, precisar ou inxerir elementos novos.
Aínda que o obxectivo prioritario desta segunda saída é xerreferenciar as paradas necesarias ao longo da ruta, nas que poder explicar eses elementos e tipos de paisaxe inventariados. Cada parada elixida será ubicada cunha marca de posición no noso visor, explicando na súa etiqueta que elementos ou tipos de paisaxe podemos observar.
¡É imprescindible levar nunha pequena mochila o noso móbil ou Tablet coa nosa app_paisaxes.!
Recomendacións para a saída ao campo, segundo a estación do ano
Procura non facer ruído, non deixar pegada algunha e, por suposto, recoller todo o lixo que poidamos xerar.Non pisar ou arranxar as plantas e, ollo, non transitar polas dunas