TAREFA 3 CUALIFICAMOS E CLASIFICAMOS AS NOSAS PAISAXES.
ACTIVIDADE 3.1 Unha pequena investigación para Caracterizar os elementos identificados. Na procura de información.
EXERCICIO 3.1.2 Caracterización dos elementos texturais bióticos. A vexetación e o mosaico agro-forestal.

O traballo

Unha vez cartografadas na tarefa anterior as principais “manchas de vexetación” presentes na nosa paisaxe, imos coñecer as especies características destas formacións con especial atención ao variado mundo de formas vivas presentes nos sistema dunar.

Para realizar esta tarefa, empregaremos o seguinte documento.

Hábitats e especies na nosa área de estudo. O documento vaise mostrar nunha xanela independiente

É moi importante, resolver con éxito esta tarefa, xa que cando fagamos a saída deberemos fotografía as especies ás que fai mención este documento.

Responsive image
Responsive image
Responsive image

Para saber máis

No Plan de Ordenación de Recursos Naturais (PORN)do Espazo Valdoviño-A Frouxeira PORN (2015) indícase que: “ A unidade ambiental que acada unha maior cobertura é a das dunas costeiras acti¬vas, con 207,58 ha, o que supón o 42,70 % da superficie do humidal protexido. (...) Engloba todas as franxas de dunas: embrionarias, brancas e grises. A segunda superficie que destaca entre as unidades ambientais é a das lagoa costeira da Frouxeira con 61,95 ha, o que representa o 12,80 % do espazo natural .

O grupo máis numeroso da fauna presente no humidal é o das aves, que atopan na Lagoa e Area de Valdoviño hábitats axeitados para o descanso e a cría. Os censos realizados falan de poboacións invernantes que oscilan entre 750 e máis de 2.200 individuos, predominando os láridos, seguido de limícolas e anátidas".

Continuar