Como tivemos ocasión de comprobar na tarefa anterior, o tipo de rocha –litoloxía- e a evolución xeomorfolóxica dos diferentes sectores do litoral galego deron lugar a unha ampla gama de formas.
A partires da información recompilada grazas aos recursos seleccionados, imos a caracterizas as formas do relevo e a rede hidrográfica. É dicir, os grandes elementos estruturais da nosa paisaxe. Partiremos da cartografía que elaboramos coa localización das xeoformas e da rede hidrográfica.
Nas xeoformas que temos cartografadas sinalaremos nas etiquetas correspondentes ás súas marcas de posición a seguinte información (o seu topónimo, a súa altitude, o seu perfil topográfico e formación litolóxica á que pertence)
Lembra que estamos a falar das marcas dos cantís, praia, sistema dunar, a lagoa e a falla.