Page 38 - index
P. 38
3831.- EXPRESIVIDADE DA LUZ
A LUZ E AS CLAVES TONAIS
En calquera representación pictórica, sexa un cadro ou unha fotografía, podemos traballar coas claves tonais para transmi-
tir diferentes sensacións coa nosa obra. A clave tonal dunha imaxe ten que ver coa intensidade da luz na composición;
tendo isto en conta podemos ter tres claves tonais distintas:
CLAVE TONAL ALTA
Cando na composición destacan as zonas moi ilumi-
nadas e as cores claras ou cando non temos contras-
tes por ter unha iluminación xeral uniforme ou tenue
ou difusa.
Dous nenos na praia Joaquín Sorolla. 1904 A mar en calma Gustave Courvet. 1869
CLAVE TONAL BAIXA
Cando na composición destacan as zonas escuras ou pouco ilumi-
nadas; en consecuencia os obxectos ou as formas aparecen pouco
defnidas e a impresión xeral é de misterio ou tristura.
A inundación
Nicolas Poussin
1664
A romaxe de San Isidro Francisco de Goya. 1823

