|
RIMAS, CONTINAS, CANCIÓNS
E POEMARIOS
|
||||||||||||||
|
A poesía e o xogo de estrofas rimadas vén sendo un poderoso recurso para "atrapar" aos primeiros lectores, e tamén aos prelectores. A conexión da palabra coa música ou a musicalidade crea un atractivo especial, que desemboca na memorización dos poemas, na representación e mesmo na súa dramatización. Un elemento, ademais, de suma importancia neste tipo de obras, é a conexión humana que propician entre os máis pequenos e os adultos que normalmente interveñen nas lecturas. Nas sesións que escritores e ilustradores realizan conxuntamente con nenos e nenas, estes libros son de gran axuda para a lectura en voz alta, a canción en grupo e a celebración da palabra falada. |
||||||||||||||
|
ALGÚNS EXEMPLOS
|
||||||||||||||
![]() |
![]() |
![]() |
||||||||||||
|
Un capitán galego navega polos mares. As poesías lévannos polas súas dificultades, os seus atrancos, e as súas victorias. As rimas van guiando ao lector cara un clímax eufórico. Autor: Toño Núñez Ilustrador: Xosé Tomás Baía Edicións |
As plantas e o mundo vexetal son o trasfondo, aínda que unha familia lle aporta o candor humano e as relacións emocionais. As poesías non acompañan fisicamente a cada planta, senón que o lector é quen ten que asocialas, nun xogo de reflexión. Autora: Yolanda Castaño Ilustrador: Xosé Tomás Biblos |
Un peizoque nace e ábreselle o mundo. As palabras son as súas aliadas, e grazas a elas "medra", mesmo fisicamente. Un libro que en moitas escolas utilizan como punto de inflexión para proxectos construtivistas. Autora: Dores Tembrás Ilustrador: Xosé Tomás Editorial Galaxia |
||||||||||||
|
ABECEDARIOS E SILABARIOS RIMAS, CONTINAS, CANCIÓNS E SILABARIOS CONTOS CONTEMPORÁNEOS ADAPTACIÓNS DE CONTOS POPULARES ADAPTACIÓNS NON TRADICIONAIS LIBROS MUDOS POP-UPS DOCUMENTAIS CADERNOS DE ACTIVIDADES DICIONARIOS VISUAIS LIBROS DE IMAXES GADGETS PROMOCIONAIS PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS |
||||||||||||||
![]() |
![]() |
|||||||||||||