Yanhez e P. Lorente
|
|
TOMAS PEREZ LORENTE e PACO YAÑEZ. Arquitectos
Tomás Pérez Lorente (Vigo 1926 - 2006) realiza os seus estudos de Arquitectura en Madrid, terminando a carreira como o máis novo da "xeración do 57". Despois de moitos anos con escaso número de arquitectos na cidade, no ano 1957 se titulan 5 arquitectos vigueses: Tomás Pérez Lorente, Paco Yañez, Fernando Araujo, Javier Santoro e Pepe Bar. Este feito unido á nova situación económica xeral do país nos anos 60, dará un xiro ao desenvolvemento da arquitectura na cidade. Da mesma xeración é Francisco Yáñez Ullóa (Vigo 1925) que comeza a súa traxectoria arquitectónica na cidade colaborando de xeito esporádico con diversos arquitectos como Agustín Pérez Bellas e Javier Santoro. |
| Tomás e Paco, xa amigos dende Madrid, colaboran de estudantes con Richard Neutra e o seu fillo Dion, nunha estancia temporal de ambos na capital para o desenvolvemento dun proxecto para un concurso de proxectos dos poblados residenciais das bases americanas en España. A partires do ano 1959, Tomás Pérez Lorente volta á cidade despois duns anos traballando en Madrid co arquitecto Fernando Montes. Dende entón compartirá o estudo con Paco Yáñez, no que colaborará de xeito continuado ata a súa morte no ano 2006. | |
|
A extensa carrera profesional de Yáñez e Lorente deixa gran número e variedade de obras arquitectónicas, dende vivendas unifamiliares, edificios relixiosos, edificios de viviendas, edificios industriais, etc. A morte de Tomás P. Lorente, interrompe unha colaboración de casi 40 anos con Paco Yáñez. A súa carreira profesional deixa un legado inmenso de edificios na cidade entre os que destacan entre outros a Pesquera Vasco-Galega, o Hotel Bahía, Edificio r/ Laxe, Edificio "O Castañal", o Clube de Campo en Coruxo, o colexio das Acacias,... |
|
|
Pesquera Vasco-Galega. 1960 |
Edificio PP. Xesuitas. 1964 |
Hotel Bahia. 1966 |
Igrexa PP. Redentoristas. 1967 |
Vivendas "r/ Laxe". 1967 |
||
| "INICIO" | ( Pasa o rato sobre as imaxes e picando nelas, atoparás estudos xeométricos sobre algunhas das obras ) | Volta a "ARQUITECTOS" |





