Saltar la navegación

Guía didáctica

Destinatarios

  • Alumnado de segundo e terceiro Ciclo de Ed. Primaria

Obxectivos

  • Coñecer as lendas de "Babushka" e o "Arbol de Nadal".
  • Pescudar información sobre a "Historia do Apalpador" e a orixen de "Papá Noel".
  • Pescudar información sobre Babushka.
  • Identificar  as similitudes entre O Apalpador, Babushka e San Nicolas.
  • Ser capaz de realizar un traballo de investigación.
  • Desenvolver a capacidade creativa para plasmar a información seleccionada nun cartaz.
  • Usar as Novas Tecnoloxías no aula, manexando algunhas funcións propias do Sistema Operativo (copiar, pegar gardar arquivos, etc.), así como Internet a nivel de usuario.

Contidos

  • Historia do Apalpador.
  • Oríxenes de Papá Noel.
  • A lenda da árbore de Nadal.
  • A lenda de Babushka.
  • Metodoloxía das webquest.
  • O cartaz como elemento informativo.

Competencias

Nesta webquest trabállanse as seguintes “Competencias clave”:

  • Comunicación lingüística (CCL).
  • Competencia dixital (CD).
  • Aprender a aprender (CAA).
  • Competencias sociais e cívicas (CSC).
  • Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
  • Conciencia e expresións culturais (CCEC).

Metodoloxía

  • Material: Ordenadores con conexión a internet e impresora. Pegamentos, cartolinas, lapis de cores e pinturas .
  • Organización do espazo: Traballaremos no aula de informática para a búsca de información e na de plástica para a confección do cartaz.
  • Organización alumnado: O alumnado traballará individualmente a tarefa de investigación e en gran grupo a elaboración do cartaz seguindo as instrucións do apartado de "Proceso".
  • Recursos educativos: Os recursos complementarios aparecen reflictidos no apartado de "Proceso" da webquest..
  • Interrelacións: Nesta tarefa están implicadas as áreas de lingua, relixión e educación artística.

Temporalización

  • Catro ou cinco sesións dunha hora.

Avaliación

  • O alumnado observará os criterios de avaliación das tarefas antes de comezar a realización das mesmas. Asemade, unha vez rematado o traballo, realizará a autoavaliación e comprobará a puntuación obtida.
  • O profesorado realizará a avaliación das tarefas presentadas segundo os criterios reflectidos na "Avaliación" da WQ.