Saltar navegación

Guía didáctica

Destinatarios

  • Alumnado de 5º e 6º curso de Ed. Primaria

Obxectivos

  • Coñecer os orixes da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
  • Identificar os obxectivos principais desta celebración.
  • Enumerar aspectos a ter en conta contra a Violencia de Xénero.
  • Coñecer a importancia de recoñecer e denunciar situacións de Violencia de xénero..
  • Recoñecer os diferentes tipos de violencia de xénero.
  • Valorar a importancia de vivir en igualdade e sen violencia.
  • Ser capaz de realizar un traballo de investigación.
  • Ser quen de axudar a persoas que se atopan en situación de violencia de xénero.
  • Desenvolver a capacidade creativa para plasmar información nun mural e nunha curta.
  • Usar as Novas Tecnoloxías no aula, manexando algunhas funcións propias do Sistema Operativo (copiar, pegar gardar arquivos, etc.), Internet a nivel de usuario, empregar algún programa de edición de textos, empregar programas de edición de vídeo, programas de edición en liña.
  • Ser quen de por en liña os traballos realizados.
  • Valorar a importancia da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero nos colexios.

Contidos

  • Celebración do Día Internacional conta a Violencia de Xénero.
  • Orixen da conmemoración desta data.
  • Biografía das Irmás Mirabal.
  • Tipos de Violencia de xénero.
  • Como recoñecer situacións de Violencia de xénero. 
  • O mural como elemento informativo.
  • As curtas como recurso educativo.
  • O debate como instrumento para elaborar conclusións.

Competencias

Nesta webquest trabállanse as seguintes “Competencias clave”:

  • Comunicación lingüística (CCL).
  • Competencia dixital (CD).
  • Aprender a aprender (CAA).
  • Competencias sociais e cívicas (CSC).
  • Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
  • Conciencia e expresións culturais (CCEC).

Metodoloxía

  • Material: Ordenadores con conexión a internet e impresora. Ficha de recollida de datos e material para escribir. 
  • Software: Programas de navegación por internet, programas de edición de textos (Office, LibreOffice ou Google docs). Aconséllase para traballar con contas de Google que o centro cree as contas necesarias (nomedocentro01,nomedocentro02...) e facilite os datos de usuario e contrasinal ao alumnado. Programas de edición de vídeo gratuítos: Apps para tables e móbiles, programas de edición en liña.
  • Organización do espazo: Traballaremos no aula de informática pescudando información para completar as cuestións propostas no cuestionario. No aula elaboraremos o material para realizar o mural sobre Violencia de xénero. A curta será realizada onde considere oportuno o grupo, a súa edición será na aula de informática. O traballo de conclusión pódese facer na aula ordinaria.
  • Organización alumnado: O alumnado traballará individualmente a primeira tarefa segundo a orde indicada no "Proceso" desta webquest. Formaremos cinco equipos de traballo para realizar a segunda e terceira tarefa segundo o indicado no "Proceso" da webquest. En gran grupo realizaremos a exposición das tarefas realizadas e o apartado de "Conclusións". As actividades de lecer pódense facer de forma individual ou nas parellas establecidas. 
  • Recursos educativos: Os recursos complementarios aparecen reflictidos no apartado de "Proceso" da webquest..
  • Interrelacións: Nesta tarefa están implicadas todas as áreas do currículo, pero fundamentalmente as áreas de lingua, plástica, ciencias sociais e as transversais "Prevención da violencia de xénero".

Temporalización

  • Seis sesións dunha hora no colexio, máis traballo para casa para completar a edición do vídeo da curta se fose preciso.

Avaliación

  • O alumnado observará os criterios de avaliación das tarefas antes de comezar a realización das mesmas. Asemade, unha vez rematado o traballo, realizará a autoavaliación e comprobará a puntuación obtida.
  • O profesorado realizará a avaliación das tarefas presentadas segundo os criterios reflectidos na "Avaliación" da WQ.