Webquest sobre as Letras Galegas
Guía didáctica
Destinatarios
- Alumnado de segundo e terceiro Ciclo de Ed. Primaria
Obxectivos
- Coñecer a orixe da celebración do Día das Letras Galegas.
- Pescudar información sobre a Real Academia Galega.
- Pescudar información sobre un autor ou autora homenaxeado nas Letras Galegas.
- Identificar e coñecer a vida e obra dun escritor ou escritora galego.
- Ser capaz de realizar un traballo de investigación.
- Desenvolver a capacidade creativa para plasmar a información seleccionada nunha presentación.
- Usar as Novas Tecnoloxías no aula, manexando algunhas funcións propias do Sistema Operativo (copiar, pegar gardar arquivos, etc.), Internet a nivel de usuario, empregar algún programa de edición de presentacións, manexar o programa Audacity de gravación de sons.
- Ser quen de por en liña a presentación elaborada.
Contidos
- Orixe do Día das Letras Galegas.
- Fundación da Real Academia Galega..
- Vida e obra dun autor/a homenaxeado/a nas Letras Galegas.
- Metodoloxía das webquest.
- A "presentación en liña" como elemento informativo.
Competencias
Nesta webquest trabállanse as seguintes “Competencias clave”:
- Comunicación lingüística (CCL).
- Competencia dixital (CD).
- Aprender a aprender (CAA).
- Competencias sociais e cívicas (CSC).
- Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
- Conciencia e expresións culturais (CCEC).
Metodoloxía
- Material: Ordenadores con conexión a internet e impresora. Fichas de recollida de datos e material para escribir.
- Software: Programas de navegación por internet; programas de edición de textos (Office, LibreOffice ou Google docs); Programas de edición de presentacións (Office, LibreOffice ou Google Presentacións). Aconséllase para traballar con contas de Google que o centro cree as contas necesarias (nomedocentro01,nomedocentro02...) e facilite os datos de usuario e contrasinal ao alumnado; Programa Audacity de gravación de sons.
- Organización do espazo: Traballaremos no aula de informática para a pescuda de información e no aula o traballo de exposición.
- Organización alumnado: O alumnado traballará en grupo de catro membros onde cada un deles realizará un dos traballos propostos no "Proceso" desta webquest. En gran grupo realizaremos a exposición dos traballos e o apartado de "Conclusións". As actividades de lecer pódense facer de forma individual ou nos grupos establecidos.
- Recursos educativos: Os recursos complementarios aparecen reflictidos no apartado de "Proceso" da webquest..
- Interrelacións: Nesta tarefa están implicadas as áreas de lingua, sociais e educación artística.
Temporalización
- Seis sesións dunha hora no colexio, máis traballo para casa de pescuda de información.
Avaliación
- O alumnado observará os criterios de avaliación das tarefas antes de comezar a realización das mesmas. Asemade, unha vez rematado o traballo, realizará a autoavaliación e comprobará a puntuación obtida.
- O profesorado realizará a avaliación das tarefas presentadas segundo os criterios reflectidos na "Avaliación" da WQ.