Menu Principal:
Con esta web pretendemos axudar e achegar un pouco máis ao profesorado de educación infantil o que é a psicomotricidade e presentar unhas sesións de alumnos de diferentes idades en educación infantil.
A psicomotricidade apareceu no século XX coa neuropsiquiatra infantil E. Dupré, a partir dela foron moitos o que fixeron achegas neste ámbito.
Analizando a palabra psicomotricidade semánticamente, podemos ver que está integrada por dous compoñentes: <psico> que se refire á actividade psíquica, tanto cognitiva como afectiva e <motricidade> que ten que ver co corpo e o movemento (espazo/tempo), (Martín Domínguez, 2008).
O concepto de Psicomotricidad, segundo autores como Wallon, Picq e Vayer, Lle Boulch, Lapierre e Aucouturier definen a psicomotricidade como a relación entre a actividade psíquica e a actividade física motora, é dicir o movemento ou a función motriz do corpo humano.
O concepto de psicomotricidad xorde dos traballos de Wallon que descobre a importancia do movemento para conseguir a madurez psicofísica da persoa.
A actividade psíquica e motora constitúe un todo funcional sobre o cal vaise a fundamentar o coñecemento.
Características do desenvolvemento psicomotor:
O desenvolvemento é un proceso que está sometido á influencia de múltiples factores, a herdanza, o medio ambiente e a interacción entre ambos.
O desenvolvemento é unha sucesión ordenada de cambios que implican non só un aumento cuantitativo (crecemento) senón cualitativo (maduración).
Por exemplo o neno aprende a controlar a cabeza, despois controla o tronco, máis tarde as pernas, posteriormente iniciará a marcha.
Os patróns de desenvolvemento son similares en todos os individuos, obedecen a unhas leis determinadas. Con todo, cada suxeito posúe un ritmo propio de desenvolvemento froito da interacción dos factores que inflúen no mesmo.
O desenvolvemento posúe un carácter integrativo, é dicir para dominar unha conduta organizada e complexa débense aprender e conseguir con anterioridad unhas determinadas condutas ou prerrequisitos.