1.3 - A perspectiva

As perspectivas teñen por obxecto a representación de obxectos tridimensionais nunha única vista ou proxección que proporcione unha visión clara do seu volume. As tres mais utilizadas son a perspectiva axonometrica de tipo isométrico, a perspectiva cabaleira e a perspectiva cónica.

No seguinte exemplo, vemos representado un cubo nestes tres tipos de perspectiva. En calquera delas podemos recoñecer rapidamente este volume.

 

Como comentamos, imos a afondar na perspectiva cónica, xa que este é ou sistema de representación plana mais próximo a vision real dos volumes e corpos tridimensionais. En moitas representacions as figuras e volumes aparecen dentro dun marco espacial, por exemplo a habitacion da ilustración atopase representada nun tipo de perspectiva denominada cónica central ou dun punto de fuga.

 

 

Nesta perspectiva representase un marco espacial moi sinxelo formado polas paredes dunha habitación. Podemos apreciar como as arestas das paredes fugan a un punto central P.