Tamén tes as táboas cronolóxicas en formato PDF, listas para imprimir e elaborar un mural cronolóxico para colocar nas aulas. A diferenza das táboas proxectadas no encerado dixital ou visualizadas na pantalla do ordenador, o mural aporta e permite unha visión do conxunto da Historia. Confecciona un "mural" coa totalidade das táboas: Unha parede na aula será o soporte ideal para colocalo e sinalar ao alumnado as referencias cronolóxicas que aparezan nas túas clases. É posible confeccionar diferentes murais, pero convén elaborar un único mural con tódalas máterias coa finalidade de facilitar e estimular as relacións interdisciplinares. Materias como "Proxecto interdisciplinar", recentemente incorporada á ESO atoparán neste mural unha boa ferramenta para construir pontes transdisciplinares. Este mural confeccionouse coas táboas cronolóxicas feitas para o programa ActivStudio, polo que non coinciden coas táboas feitas para Notebook. |
![]() |
|
Táboas cronolóxicas en arquivo de tipo *.DOC Este arquivo pódese abrir cun procesador de texto (Writer de OpenOffice, Word de Microsoft Office, ...) e contén as imaxes das táboas, que podes copiar e facer obras derivadas tales como apuntamentos para o alumnado, páxinas web, ... Abre este arquivo, busca a táboa do teu interese, preme enriba dela co botón dereito do rato, copia, vai ao teu procesador de texto e pega. Xa podes aumentar ou diminuir o tamaño da imaxe, recortar, etc ... para incorporala aos teus puntamentos, exames, ... |
![]() |
|
● A estrutura e os contidos das táboas cronolóxicas deben "lerse" ou interpretar seguindo estas pautas.
● Cada táboa cronolóxica ---9 en total--- é un ficheiro independente que podes baixar ao teu ordenador e modificar libremente. Desta maneira non dependerás de Internet para traballar con elas, podendo, ademais, axustar os seus contidos aos teus criterios e eliminando e/ou suprimindo datos, personaxes, divisións, ...
● Os personaxes históricos, acontecementos, correntes, movementos, estilos, ... enlazáronse directamente a Wikipedia: premendo sobre eles abrirase esta enciclopedia na páxina correspondente.
● Mural cronolóxico: imprime este arquivo PDF, recorta e pega para confeccionar un mural para a aula.
● Arquivo tipo .DOC coas imaxes das táboas cronolóxicas listas para copiar e usar segundo as túas necesidades e gustos.
|
| |||||||
|
|
|
|
|
|
||