• Relaciona Alexandre Magno, o Liceo de Aristóteles, Ptolomeo e os inicios da investigación científica.
  • Obtén información e imáxines da cidade de Alexandría, da Biblioteca e do Museo.
  • Relaciona a busca de información sobre a Metafísica de Aristóteles, a Biblioteca de Alexandría, a escola de tradutores de Toledo e o averroismo latino.
  • Intenta identificar os diferentes pensadores que aparecen no medio,  a escola de Atenas de Rafael, así como as principais liñas de investigación filosófica.
  • Fai unha similitude entre a vida e a morte de Sócrates e de Hipatia, a traveso do concepto de intolerancia.
  • Se Hipatia como neoplatónica e metafísica compara a ontoloxía co dualismo cosmolóxico e antropolóxico. ¿Que critica lle fai Aristoteles?.
  • ¿Qué relación crees que ten a alegoría do sol, dentro do mito da caverna platónico, co heliocentrismo?. Xustifica a túa resposta.
  • Relaciona o heliocentrismo co “xiro copernicano” do pensamento de Kant.
  • Fai unha listaxe das principais teses, nas que o modelo cosmolóxico resultante da revolución científica, repite o paradigma aristotelico-ptolemaico.
  • O intelectualismo moral e o fío condutor da ética grega. Analiza o concepto de virtude nos seguintes pensadores: Sócrates, Platón, Aristóteles, Dióxenes, Epicuro, Marco Aurelio e Séneca.
  • Recolle información e fai un esquema das principais formas de goberno xurídicas a partir da República de Platón.
  • Razoa dende o teu punto de vista o que dixo Dióxenes a Alexandre Magno: “pobre infeliz, quer gobernar antes de ter aprendido a pensar”.
  • Tras este curso de Historia da Filosofía, recorda que pensadores por ATREVERSE A PENSAR  tiveron que enfrontarse as consecuencias da intolerancia.
intr
taref
rec
aval
guia
pres
inicio