 |
A luz é a gran metáfora que protagoniza e encarna o século XVIII. Científicos
coma Newton, Huygens, Hooke, propuxeron teorías sobre a súa natureza, se esta
era crepuscular ou ondulatoria. Sen embargo, os filósofos considerárona como un
modelo da misión iluminadora da razón, que Kant ben resume neste lema: Atrévete
a pensar.
Con esta actividade terás ocasión de entender que esa luz acenderase por
primeira vez no século VI a.n.e., e grazas a persoas coma tí, con inquedanzas
intelectuais e con capacidade crítica, esa luz seguirá brilando.
No camiño quedaron pensadores como Hipatia de Alexandría que pagaron coa
súa vida a osadía de atreverse a pensar!
|