Realiza as tarefas axudándote dos documentos que tes ao teu alcance e dos enlaces propostos da rede. Vai escribindo as túas respostas nun arquivo de Word e cando remates, entrégao á profesora nun lapis de memoria ou impreso.

 

HISTORIA DA CIDADE

       Na introdución falabamos da fundación de Alexandría por un conquistador do antigo Imperio Persa. A cidade, emprazada nunha estreita lingua de terra entre unha lagoa e o mar, xurdiu como unha cidade moderna que en breve tería un millón de habitantes de procedencias moi diversas: gregos, exipcios, xudeus,...

  • Quen foi o fundador que lle deu o nome á cidade? Cando e onde viviu? Ata onde chegou o seu Imperio?
  • Que importancia tivo a dinastía dos Ptolomeos no desenvolvemento de Alexandría?

Xullo César, Marco Antonio e Cleopatra son personaxes cuxa vida estivo relacionada coa historia da cidade. Cal foi o papel que desenvolveron nela? Que relación houbo realmente entre eles?

 

 PARA AMPLIAR COÑECEMENTOS

  • Atenas, Alexandría e Constantinopla foron as grandes cidades da cultura en épocas diferentes. Debuxa un mapa e localiza a súa situación
  • Na Alexandría de Hipatia convivían diferentes relixións: xudaísmo, cristianismo, paganismo. Fai unha pequena investigación e descubre os paralelismos e as diverxencias que existen entre elas. 

 

PARA ATOPAR INFORMACIÓN:

http://www.artehistoria.com

http://www.culturaclasica.com

http://www.historiang.com

http://www.houseofptolemy.org/housealx.htm (se te atreves co inglés)

 

O FARO QUE ALUMEOU ALEXANDRÍA

No reinado de Ptolomeo I e Ptolomeo II construíuse na illa de Faro, entre os dous portos da cidade, unha gran torre que tomou o nome deste lugar. Na punta desta gran torre branca de 135 metros de altura colocábase un lume cuxa luz se proxectaba na noite a máis de 50 km. de distancia.

O faro considerábase unha das 7 marabillas do mundo antigo.

Así, como en Alexandría, nos temos un faro en Galicia que foi e é famoso aínda hoxe en día.

Investiga e fai unha busca de información seguindo estes puntos:

  •  Nome do faro e lugar onde se atopa.
  • Período no que foi construído.
  • Debuxa unha liña cronolóxica coa súa historia.
  • 27 de xuño de 2009. Que importancia ten esta data na historia do faro?
  •  Inclúe algunha imaxe do faro no teu traballo.

PARA AMPLIAR COÑECEMENTOS:

  •  Indica cales foron as sete marabillas do mundo antigo. Cal é a única que hoxe en día permanece en pé?
  • Sitúa nun mapa as sete marabillas.
  • Inspirándose nas marabillas do mundo antigo, escolléronse sete marabillas do mundo moderno. Indica cales son, onde se atopan e engade unha imaxe de cada unha delas.

PARA ATOPAR INFORMACIÓN:

http://www.farodahumanidade.com/gal/

http://www.portalplanetasedna.com.ar/siete_maravillas.htm

http://sietemaravillas.tripod.com/

 

A BIBLIOTECA

       Entre os monumentos máis importantes de Alexandría hai que destacar o Palacio Real (residencia e sede do goberno) e xunto a este os edificios do Museo. Este albergaba aos sabios máis destacados da época de todas as ramas da ciencia e a literatura. Tiña aulas, laboratorios, observatorios, unha enorme Biblioteca, comedores e dormitorios, e incluso un Xardín Botánico e un Zoolóxico

  • A Biblioteca era o edificio máis representativo. Con máis de 500.000 rolos de papiro foi a máis grande das bibliotecas do mundo antigo.
  • Nin o Museo nin a Biblioteca estaban abertos ao gran público, tratábanse de centros de investigación de científicos e literatos.
  • O posto de bibliotecario era o de máis categoría no Museo.

 

CURIOSIDADES

  • A Biblioteca chegou ter 700.000 volumes na época de Xullo César e Cleopatra.
  •  Tiña calefacción central.
  • Os libros, distribuídos en armarios eran: Tomos: follas cortadas e Volumes: rolos de papiro (substituído máis adiante polo pergamiño). 
Agora che toca a tí contestar as seguintes preguntas relacionadas coa Biblioteca de Alexandría
  • Papiro e pergamiño eran os materiais empregados na Biblioteca. De que material están feitos e cal é a súa orixe?
  • Indaga nos enlaces propostos e localiza cando e como foi destruída a Biblioteca de Alexandría.
  • A nova Biblioteca de Alexandría, patrocinada pola UNESCO e inaugurada no 2002, acolle milleiros de volumes. Entra na súa páxina web e busca algún exemplar de autores coma: Rosalía de Castro, Cervantes... (a busca débese facer en inglés)

 

PARA AMPLIAR COÑECEMENTOS:

Os seguintes nomes están relacionados coa Biblioteca de Alexandría e coa Astronomía que derivou da Filosofía antiga. Que sabes de: 

                Arquímedes     Galeno     Copérnico     Galileo    Kepler

PARA ATOPAR INFORMACIÓN:

http://es.wikipedia.org/

http://www.youtube.com/watch?v=ZeyRLKT1220&feature=related

http://www.youtube.com/watch?v=FBm8lI9BIps

intr
taref
rec
aval
guia
pres
inicio