Alexandría foi unha das cidades máis relevantes do mundo antigo debido a súa ubicación e aos seus importantes monumentos: o porto, o faro e o Museo. Dende a súa fundación, no ano 332 a.n.e., polo home que conquistou o antigo Imperio Persa, converteuse no centro da cultura da época.

Contan que este home ordenou sinalar o seu perímetro para poder abarcalo coa vista e uns obreiros tomaron fariña de trigo e marcaron cun rastro branco os límites da cidade. De todas as partes acudiron paxaros, peitearon a fariña e remontaron o voo. O conquistador observounos e mandou chamar aos intérpretes de  prodixios para contarlles o que pasara. Eles contestáronlle: A cidade que mandaches construír alimentará a todo o mundo civilizado e por todas as partes haberá homes que vaian e veñan dela. Porque as aves recorren o mundo enteiro.

Con esta actividade terás a oportunidade de coñecer a antiga Alexandría, unha das cidades máis importantes da antigüidade, os personaxes que influíron nela e os seus monumentos máis relevantes.

tarefa
proceso
recrus
avalia
guia
iniciopres
inicio