4

anterior

índice

seguinte

OS CÓBADOS NO VARANDAL (Manuel Antonio, De catro a catro) varandal apoiado cos cóbados na balaustrada, na reixa de ferro, en actitude contemplativa

4º poema. Despois das intencións, o barco, a travesía, o poeta apóiase na varanda e ... contempla a inmensidade do Mar, pensa no Sol que vai saír, nas estrelas e na lúa, nos paxaros que planean, nas nubes, no ronsel. Estes son os elementos que ve desde a varanda e lle van suxerindo as imaxes que outra vez reflicten a súa soidade.
Tempo presente e futuro.

...ATOPAMOS esta madrugada
...na gaiola do Mar o Mar -con maiúscula- é como unha gaiola que atrapa, é un espazo pechado
...unha illa perdida (1) Na nota o poeta explica o por que desa sensación de soidade pola limitación do espazo
Comeza cun presente atopamos. Segue o ambiente nocturno, a madrugada

...Armaremos de novo a gaiola tempo futuro; prepararemos a trampa
...Vai saír o Sol acabará noite
improvisado e desorientado outra vez a imaxe de desorientación, de perda de rumbo

...Xa temos tantas estrelas os astros
e tantas lúas submisas acompañan
que non caben no barco nin na noite durante a noite o poeta

...Xuntaremos paxaros sen xeografía os paxaros descoñecidos, sen xeografía
para xogar coas distancias que desde a distancia
das súas ás ampliadoras planean no horizonte

...E os adeuses das nubes agora son as nubes (brancas) que temén din adeus
...mudos e irremediables despídense sen remedio

...E armaremos unha rede de ronseis
para recobrar as saudades
coa súa viaxe feita
polos océanos do noso corazón.
Co ronsel (a pegada de escuma que vai deixando o barco no mar) do barco prepararemos unha rede para recobrar as saudades, as lembranzas que viaxaron polo noso corazón como o barco polo mar e que tamén queren fuxir.

(1) O mar adentro é unha illa de auga rodeada de ceo por todas partes

Neste poema o Mar está visto desde unha perspectiva moderna, o mar que é vida convértese nunha gaiola, en falta de liberdade. Na inmensidade do mar é onde un se sente máis só, máis pechado en si mesmo.

Poema cantado por Maite Dono

Trazos da poética máis tradicional:
-Presenza do suxeito poético nós: atopamos, noso corazón, etc.
-Imaxes ligadas á realidade: sol, paxaros.
-Restos de rima: gaiola-amplexadora, irremediabes-saudades

Trazos máis vangardistas:
-Imaxes vangardistas, xustaposición de imaxes
-Léxico extrapoético: ronsel, armar a rede.
-Ausencia de ritmo, prosaico.
-Ausencia de signos de puntuación.
-A nota a pé de páxina. Introdución de elementos ensaísticos extrapoéticos

Contribúe co teu comentario ou suxestión

Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel

Véxase agora o poema de Manuel Antonio:

OS CÓBADOS NO VARANDAL

...ATOPAMOS esta madrugada
...na gaiola do Mar
...unha illa perdida (1)

...Armaremos de novo a gaiola
...Vai saír o Sol
improvisado e desourentado

...Xa temos tantas estrelas
e tantas lúas sumisas
que non caben no barco nin na noite

...Xuntaremos paxaros sin xeografía
pra xogar cas distanzas
das sáus aas amplexadoras

...E os adeuses das nubes
...mudos e irremediabes

...E armaremos unha rede de ronseles
pra recobrar as saudades
co seu viaxe feito
polos oucéanos do noso corazón.