TRAVESÍA (Manuel Antonio, De catro a catro): viaxe marítima
3º poema de De catro a catro. Despois das intencións e do veleiro, a protagonista é a travesía, a viaxe marítima do poeta. Esta travesía vaise identificar coa propia vida del.
...TROQUEIS reiterados troqueis: cuños para marcar as moedas; repetidos
...o reloxo e o Sol os dous marcan o paso do tempo na travesía
acuñaron moedas efémeras son como dúas moedas; efémeras: que duran moi pouco
que repetían todas
a mesma cara e a mesma cruz monotonía, sempre son iguais non hai novidade. No pemario repítese continuamente a palabra mesmo/a para reforzar esa idea de que non hai nada novo
Todos os días son iguais, nada varía.
...A costa e o Mar o Mar, sempre con maiúscula por ser o protagonista da travesía.
escamotearon unánimes dorsos escamotear: roubar, eludir. Dorso: parte posterior do curpo humano
...permutadores da mesma intercambiadores. Outra vez mesma
lonxincua evasión lonxincua: afastada
O Mar, a costa son sempre o mesmo e róubannos a posibilidade de evadirnos
...Temos un estrangulado diagrama diagrama representación gráfica dunha serie de datos, estatísticas, etc. Navegación caótica: estrangulado
repasado por tódolos novelos de horizonte o horizonte é coma un novelo de fío que se vai envolvendo
que viraron a proa e a Rosa dos Ventos proa: parte dianteira do barco. A Rosa dos Ventos é constituída por 4 Puntos Cardeais, 4 Puntos Colaterais, Puntos Sub-Colaterais, ata 32 puntos correspondente á dirección dos ventos, era a guía dos mariñeiros na travesía
...Na fasquía dos barcos anónimos fasquía: traza, aspecto. No aspecto dos barcos sen nome
postos a flote pola madrugada que reaparecen coa luz do día que ilumina as velas
...extraviados no roteiro do serán e desapareceran ao serán coa falta de luz. Roteiro: itinerario marítimo
...persistiron sempre
a mesma foula e o mesmo ronsel foula: escuma que levanta o barco pola proa ao navegar. Ronsel: a pegada de escuma que vai deixando o barco no mar
persistir, sempre, mesma, mesmo: monotonía, estatismo, nada cambia
...Ese intertroque de radiogramas o intercambio de mensaxes de radiotelegrafía, de radiogramas
que reeditaron os faros e as estrelas entre as luces dos faros e das estrelas
...dounos a multiplicación monótona non aporta nada novo, sempre monótono e igual
das mesmas letras do mesmo morse . Morse: código usado nas mensaxes de telegrafía. Nova repetición de mesmo; estatismo
...Foi a derradeira rafada do vento foi o vento
quen nos esfollou de tódalas lembranzas? quen nos levou o noso pasado, quedamos sen lembranzas
...O Mundo
...............que xa non sabe
mais que repetir unha volta consabida o mundo segue a dar volta tras volta, sempre igual
...rachou clandestinamente xa non temos ilusións
as follas imprevistas dos almanaques almanaques do que nos pode deparar o futuro
...Coas nosas mans suicidas referencia negativa, o suicidio, a falta de norte
...espallaremos no carroussel dos ventos carroussel; deixarémonos levar polo vento
os catro puntos cardinais en calquera dirección
...Mentres
..............o timonel timonel
arrombará proa a Ningures ... dirixirá o barco cara ningunha parte; estamos perdidos
Repetiremos os cansos corazóns repetidamente os nosos corazóns están cansos
cronometrando monotonías non fan máis que contar o tempo que non pasa, a monotonía
...Nas velas indecisas personificación das velas que non se moven
...follea o vento un indelébel indelébel: que non se pode borrar ou apagar
álbum de leit-motivs expresión alemá que significa motivo central, idea que se repite nunha obra. O vento vai movendo as follas dun álbum no que quedaron gravados os motivos, os sentimentos
...O minuteiro o reloxo, o tempo real
....................(tic-tac) co seu monótono e continuo tic tac
asumiu o compás das travesías. faise o dono da viaxe, das vivencias no interior do poeta
Poema rematado por un pretérito -asumiu- para pór un final absoluto á idea de tedio, aburrimento. Desde o principio hai un xogo de tempos: preseste, pasado e futuro; toda a travesía.
| Trazos da poética máis tradicional: -Presenza do suxeito poético nós: temos, dounos, etc. -Imaxes ligadas á realidade: reloxo, sol. |
| Trazos máis vangardistas: -Imaxes vangardistas, xustaposición de imaxes -Léxico extrapoético. Léxico mariñeiro: Rosa dos Ventos, foula, arrombar proa. Léxico culto: dorso, lonxincua . Léxico técnico: diagrama, radiograma. Estranxeirismos: carroussel, leit-motiv -Ausencia de ritmo, prosaico. -Ausencia de signos de puntuación. -Disposición gráfica: colocación dos versos: o timonel. - Onomatopeas como: tic, tac |
Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel
Véxase agora o poema de Manuel Antonio:
TRAVESÍA ...TROQUELES reiterados ...A costa e o Mar ...Temos un estrangoado diagrama ...Na fasquía dos barcos anónimos ...Ese intertroque de radiogramas ...Foi a derradeira rafega do vento ...O Mundo ...Cas nosas mans suicidas ...Repetirémolos cansos corazóns ...O minuteiro
|
Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010