Camille Pissarro - "Paisaxe con tren" (1873)


Pintor do sol e dos xogos de luz, Pissarro fixo moitas tranquilas escenas rurais de ríos e paisaxes. Tamén pintou escenas de rúas de París. Foi moi bo profesor, e entre os seus alumnos e colegas estaban Gauguin e Cézanne, pintores dos que podes ver algún cadro nestas páxinas.


Aquí Pissarro capta o momento xusto en que o tren atravesa a paisaxe do cadro.
¿Como é este tren? ¿En que se parece e en que se diferencia dos que ti coñeces?
¿Como é a paisaxe que o rodea?
¿Que observas ó fondo?
¿Como está o ceo?


Na locomotora pódese ver como sae o fume pola cheminea. ¿Sabes con que funcionaban estes trens?
¿Pensas que na época deste cadro xa había electricidade? ¿En que o observas?

¿Onde pensas que están estes personaxes?
¿Que elementos deste medio de transporte podes distinguir aquí?