*Confeccionar un mural dos medios de transporte. Cada neno pintará e recortará o transporte que máis lle guste (tren, avión, globo...) En papel continuo debuxaremos e pintaremos unha paisaxe con mar, terra, ceo, estrada e ata vía do tren. Podémolo facer con témpera, aplicada con pincel ou esponxas. Posteriormente pegaremos cada elemento nun lugar axeitado.

*Deseñar e construir un medio de transporte (coche, autobús, barco ...) con materiais de refugallo: tubos, botes, botellas, caixas de distintos tamaños, papeis, cordas...

*Con rotuladores e a técnica do puntillismo facer un cadro sobre un medio de transporte. Fixarse antes no cadro de Seurat.

*Observar o cadro “No coche” de Lichtenstein. ¿Que fai o pintor para que pareza que o coche se move? Mirar tamén como conseguen plasma-la velocidade nalgúns comics. Intenta debuxar, agora ti, unha rúa con vehículos circulando.

*Mirar dende a fiestra dun piso alto, comenta-lo que se ve. Pintar con témpera ou ceras  diluídas con augarrás o que pensas que verías dende o ceo se estiveses subido a un globo ou nun avión.

*Observa-lo cadro de Severini. Facer unha composición “fracturada” con recortes de revistas, pódese sobrepoñer unhas formas a outras.