Edwar Hopper - "Compartimento C, coche 193" (1938)


Hooper é un pintor estadounidense de estilo realista. Pinta escenas da vida cotiá das pequenas cidades americanas: casas, rúas con establecementos, bares, gasolineiras.... Os seus personaxes sempre son anónimos e expresan soidade. Moitos dos seus cadros semellan escenas de cine.


¿Onde se atopa esta muller? ¿Por que o sabes?
Describe a paisaxe que se ve pola ventá.
¿Como é o compartimento? ¿Que posición ocupa nel a muller?
Describe a muller. ¿Que está a facer?
¿Quen pensas que é? ¿Onde irá?