Botero - "Músicos" (1991)


A obra deste pintor colombiano posúe un realismo máxico e primitivista. Nos seus cadros e esculturas representa personaxes sempre obesos. Trátase de imaxes que aínda que exaltan a vida de que gozan, utiliza para ironizar sobre o papel que desempeñan no seo do mundo.

¿Onde cres que están actuando estes músicos?

¿Cantos son? ¿Que instrumento toca cada un?

¿Onde teñen as partituras?