G. Caillebotte- "Os cepilladores de parqué" (1875)


Debido a súa boa posición económica, Caillebotte puido axudar ós seus amigos impresionistas comprándolles cadros e montando exposicións, especialmente a Degás, Monet e Renoir. Mentres, a súa figura permaneceu case descoñecida ata que foi redescubrida case un século despois.

É un artista meticuloso e intelectual, que coida moito a perspectiva e a composición da escena. Os seus cadros posúen “atmosfera”.

¿Que traballo están a facer estas persoas? ¿Que ferramentas utilizan?

Describe como é a luz deste cadro. ¿Que cores predominan?