|

Paul Klee explicaba
que “pintar” era como unha árbore: as cousas
que nos rodean son as raíces, o pintor é o tronco,
que colle o alimento das raíces e o transmite ás follas.
Así, pasando a través do tronco as cousas transfórmanse
nas follas, que son as obras de arte.
Klee titula
este cadro “Ad Parnassum”, porque o monte do Parnaso
era para os gregos morada de Apolo e das musas e o lugar sagrado
dos poetas.
Este cadro reúne diversas técnicas. A primeira vista
semella un mosaico e unhas liñas trazadas sobre el. En realidade
ese “mosaico” está feito con pequenos puntos
brancos estampados e repintados posteriormente.Estes puntos están
“enmarcados” por pequenos retículos de cores.
Un círculo laranxa situado sobre o tellado do Parnaso representa
ó sol.
¿Que elementos dunha casa podes identificar neste cadro?
Klee pinta este cadro nun momento da súa vida libre de preocupacións.
Podería dicirse que neste momento, había conseguido
chegar ó cumio do Parnaso.
¿Que sensacións te transmite este cadro, de quietude
ou de intranquilidade? ¿Por que?
K
|