|
*Realizar
un debuxo da súa casa por fóra a partir da observación directa. Xa no
colexio explica-lo debuxado ós compañeiros.
*Con
caixas de cartón de distintos tamaños facer casas, forrándoas, pegando
o tellado, e as ventás de cartolina... Con todas elas confeccionar unha rúa.
Completar con elementos feitos de plastilina: semáforos, coches,
papeleiras...
*En
papel continuo debuxar unha casa grande por dentro coas súas
dependencias. Pinta-las paredes das habitación. Enchela con recortes de
revistas de mobles e demais elementos necesarios. Pódese completar con
debuxos dos propios nenos.
*Despois
de observa-lo cadro “O parnaso” debuxar unha paisaxe con casas
sinxelas e coloreala a témpera con cores planas. Cun pincel fino enchéla
de pequenas raias de distintos tonos que contrasten cos fondos. Por último
marcarémo-los perfís cunha cor que destaque.
*Face-lo
noso dormitorio coa técnica do collage empregando distintos materiais:
papel charón, cartolina, papel pinocho, la, teas, plastilina, recortes de
revista...
Esta
actividade pódese facer tamén en tres dimensións, utilizando unha caixa
de zapatos.
*Observa-lo
cadro “Muller na fiestra” de Dalí. ¿Que che gustaría ver dende a
fiestra do teu cuarto?
*Debuxar
unha paisaxe imaxinaria. Poemos utilizar pastel, rotulador ou acuarelas.
|