Contextualización do REA na programación de materia
Este REA forma parte da proposta cREAgal para a materia de Xeografía e Historia en 3.º da ESO. O seu deseño parte da programación modelo publicada por Proens versión 2 publicada na plataforma en maio de 2025, a cal se achega en formato PDF para facilitar a súa consulta.
A proposta de REA de cREAgal agrupa dúas unidades didácticas en cada recurso. A planificación completa contempla un total de seis REA.
Relación dos REA coa programación modelo de Proens
| Número de REA e título | Unidade/s didáctica/s (Proens) | Criterios de avaliación traballados | % (Orientación de Proens) | Temporalización |
|---|---|---|---|---|
| REA 1: "Salvemos Aldea Vella" | UD 1 Relacións entre a natureza e a sociedade. A pegada humana no medio e ameazas á Terra e o contorno próximo de España e Galicia. UD 3 O espazo natural, rural e urbano. Formas de poboamento e a súa transformación. Evolución en España e Galicia e retos do futuro. |
CA 1.2, CA 1.3, CA 1.4, CA 2.3, CA 2.5, CA 3.6, CA 3.7 | 10 % | 1.º trimestre |
| REA 2: "Amadou, da guerra á escola" | UD 2 Globalización, movementos migratorios e interculturalidade. UD 4 Organización política das sociedades e ordenamento normativo autonómico, constitucional e supranacional. |
CA 1.1, CA 1.3, CA 1.5, CA 1.6, CA 2.1, CA 2.6, CA 2.8, CA 3.1, CA 3.4, CA 3.6, CA 3.7, CA 3.8 | 15 % | 1.º trimestre |
| REA 3: "Do trigo á IA: a economía, o motor do mundo" | UD 5 Actividade económica e sectores produtivos. Axentes económicos. A economía globalizada e o desenvolvemento sostible. UD 7 Os sistemas económicos. A distribución desigual dos recursos e do traballo nun mundo globalizado. |
CA 1.4, CA 1.6, CA 2.1, CA 2.5, CA 3.1, CA 3.2, CA 3.3, CA 3.7, CA 3.8 | 20 % | 2.º trimestre |
| REA 4: "Todas as persoas suman: construíndo un mundo diverso" | UD 6 Paisaxes humanizadas e os sectores produtivos na Unión Europea, España e Galicia. UD 8 A poboación e o poboamento en España e en Galicia. Diversidade social, multiculturalidade e igualdade de xénero. |
CA 1.2, CA 1.4, CA 1.5, CA 1.6, CA 2.3, CA 2.5, CA 2.7, CA 2.8, CA 3.2, CA 3.3, CA 3.6, CA 3.7 | 20 % | 2.º trimestre |
| REA 5: "Pensar, gobernar e crear: A Ilustración e o século das luces" | UD 9 O século da Razón. Transformación política. Da servidume á cidadanía. UD 12 Os movementos artísticos. As artes na época da Ilustración. Rococó, Neoclasicismo, Romanticismo. A figura de Goya. |
CA 1.1, CA 1.3, CA 2.1, CA 2.2, CA 2.3, CA 2.4, CA 2.6, CA 2.8, CA 3.1, CA 3.3 | 15 % | 3.º trimestre |
| REA 6: "Revolución! Noticias dun novo mundo" | UD 10 As Revolucións burguesas. A Revolución industrial e a mentalidade capitalista dunha nova organización social de clases. UD 11 A chegada dunha nova dinastía en España. Uniformismo e reformismo borbónico. Crise do Antigo Réxime en España e Galicia ata 1814. |
CA 1.1, CA 1.2, CA 1.6, CA 2.2, CA 2.3, CA 2.4, CA 3.1, CA 3.3, CA 3.5 | 20 % | 3.º trimestre |