Temporalización do REA
Este REA levarase a cabo en 12 sesións corerspondentes a unidade e, segundo a programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de Lingua Castelá e Literatura de 2.º da ESO, englóbase no segundo trimestre.
A continuación, inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
|
Fase |
Seccións |
Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
1. ¿Zeus nos castigará? |
1.1. Visita a la vista |
Sesión de motivación e presentación do reto a desenvolver, onde se reflexiona sobre conceptos vinculados a patrimonio, turismo, hospitalidade e se presenta algún exemplo de guía turística para que se aproximen ao reto final. |
1 sesión |
|
2. Haciendo memoria |
2.1. ¿Qué recordáis del texto expositivo? 2.2. ¿Cuál es cuál? |
Sesións de revisión e activación de coñecementos previos en relación aos textos, ás propiedades e modalidades textuais, á importancia da estrutura e dos conectores, principalmente. Inclúe actividades multinivel. |
2 sesións |
|
3. Iniciando los preparativos |
3.1. Para empezar: ¿qué es un texto expostivo? 3.2. Características de un texto expostivo 3.3. ¡Conectando! |
Sesións dedicadas á ensinanza e asimilación dos contidos de comprensión, análise crítica e elaboración de secuencias textuais expositivas. Inclúe actividades multinivel deseñadas para facilitar a comprensión dos contidos introducidos e preparar ao alumnado para a resolución do reto formulado na situación de aprendizaxe. |
3 sesións |
|
4. La guía |
4.1. Los retos
|
Sesións dirixidas ao desenvolvemento e execución do reto proposto: a elaboración das pezas que conformarán a guía turística colaborativa. Trátase duha fase onde o alumnado, organizado en pequeno grupo e de forma autónoma, terá que sintetizar de xeito coherente, claro e eficaz os coñecementos adquiridos sobre o texto expositivo para así ser capaz de elaborar o texto expositivo propio que sosteña a peza coa que van contribuír á guía. O alumnado poderá escoller entre as seguintes opcións:
Tras a elaboración de cada un dos textos, o alumnado deberá transformalos ao formato escollido e entregalo ou envialo ao profesorado en tempo e forma. Aí remata esta fase, na entrega ao profesorado e na avaliación do produto a partir da lista de cotexo proposta para cada unha das opcións. |
5 sesións |
|
5. Fin de ruta |
Sesión na que se presenta a guía. Podemos pensar nunha sesión de "Gran estrea", "A premier"... No acontecemento de presentación da guía. Os traballos previos á "Gran estrea" (maquetación, edición...) correspóndenlle organizalo ao profesorado. É un traballo que non se contempla nas sesións lectivas. A "Gran estrea" determinará, como corresponde, unha reflexión, avaliación e autoavaliación do proceso de ensino-aprendizaxe e do produto final colaborativo por parte do alumnado. |
1 sesión |