Saltar navegación

3. Guía de uso

¡Math & Rock!

O REA "¡Math & Rock!" fai un percorrido polos sentidos alxébrico e socioafectivo que corresponden ao curso de 3º da ESO.

O fío condutor é a organización dun concerto de rock e mediante diferentes situacións reais o alumnado vai descubrir como inflúen a proporcionalidade e as progresións nos recursos necesarios e cales son as fórmulas que se empregan para estudialo.

O REA ten cinco fases ben diferenciadas:

  1. Motivación: "Empieza la cuenta atrás"
  2. Activación: "Tomando el pulso"
  3. Estruturación: "Prepara el escenario"
  4. Aplicación: "Proyecto ¡Math & Rock!"
  5. Conclusión: "¡Fundido final!"

Na fase 1 é onde se describe o reto que se acadará (facer a planificación para organizar un concerto de rock) e tamén onde se crean os grupos de traballo. Esta fase é motivacional e integradora. Está moi enfocada cara ao sentido socioafectivo.

Na fase 2 repásanse os principais coñecementos abordados no curso anterior sobre proporcionalidade e porcentaxes, contextualizados sobre os datos de pasadas edicións do concerto e sobre o cartel publicitario do evento actual.

Na fase 3 introdúcense novos contidos como as proporcionalidades compostas, índice de variación, as sucesións e as progresións aritméticas e xeométricas; en diferentes contextos enfocados a xestionar o concerto (traballando co deseño do cartel publicitario, a xestión dos recursos humanos e materiais, etc.) con actividades de maior ou menor complexidade, para resolver de xeito individual e grupal.

Na fase 4 ponse en práctica todo o aprendido, elaborando un informe sobre a viabilidade para realizar un concerto de rock.

Na fase 5 ponse en valor o aprendido compartíndoo con toda a clase.

O substrato do REA

A idea básica é traballar a competencia matemática facendo que o alumnado busque a información que precise para a resolución dun problema alxébrico e a modelice. É por iso polo que os datos, en moitas ocasións, non se proporcionan directamente.

Neste proceso terán que decidir que necesitan, que é relevante e que é accesorio.

A intención das persoas elaboradoras é a de proporcionar un contexto amable no que desenvolver estas competencias, fomentando a creatividade e o traballo en equipo.

A dificultade do reto final (elaboración en grupo dun informe sobre a realización dun concerto de rock) vai depender do local elixido para facer o evento e o deseño da cartel publicitario e do manexo da folla de cálculo que o equipo teña.

É importante que a persoa docente faga as orientacións oportunas para que cada equipo teña un reto acorde ao seu nivel.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)