1. Acceso á aplicación: Fai clic no botón Entrar desde a pantalla principal para acceder á calculadora e aos problemas interactivos.
2. Calculadora & Descomposición: Introduce ata tres números enteiros positivos para obter de forma automática as súas árbores de descomposición factorial, o Máximo Común Divisor (MCD) e o Mínimo Común Múltiplo (mcm).
3. Problemas Interactivos: Na sección de problemas, selecciona primeiro o método axeitado (MCD ou mcm) e despois introduce o resultado numérico correspondente para comprobar a túa resposta.
Novo intento: Se queres realizar de novo o problema errado pero con diferentes valores.
4. Teoría e Axuda: Podes consultar os conceptos teóricos e criterios de divisibilidade no botón de Teoría e Exemplos en calquera momento.
Máximo Común Divisor (MCD): É o maior número que divide de forma exacta a dous ou máis números á vez. Para calculalo, faise a descomposición factorial de cada número e elíxense os factores comúns co menor expoñente.
Mínimo Común Múltiplo (mcm): É o menor múltiplo común (diferente de cero) de dous ou máis números. Para calculalo, faise a descomposición factorial e elíxense os factores comúns e non comúns co maior expoñente.
A Criba de Eratóstenes é un algoritmo antigo para atopar todos os números primos ata un determinado enteiro. Consiste en listar os números do 2 en diante e ir tachando os múltiplos de cada primo que atopamos.
Fai clic no botón para iniciar a criba ata o 100:
Exemplo práctico: Imos calcular o MCD e o mcm de 36 e 24:
Autoría: Xosé Antón Vicente Rodríguez.
Licenza do recurso: Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual (CC BY-SA).
Isto significa que es libre de compartir e adaptar para calquera propósito, baixo as condicións de recoñecer a autoría orixinal.